Facebook Blog delicious Flickr Google Reader Gmail/Google Talk Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes Plurk Pownce SlideShare Tumblr Twitter YouTube

Coas ideas claras

Escoitar a Andrés Aberasturi, coma xornalista coas ideas claras sobre o impacto de internet nos medios de comunicación, faime pensar en dúas opcións… ou na resignación de quen ve que a cousa é imparabel e imbatibel… ou no oportunismo daquilo de se non podes vencelos, únete a eles.

Debe ser dos poucos xornalistas que en lugar de alporizarse e poñerse á defensiva, sabe darlle a volta ás cousas e sacarlle proveito apropiadamente… a ver se outros seguen o mesmo camiño…

Todo isto ven a conto de que onte en Narón, o señor Andrés deu unha charla sobre os chats e internet, dos perigos que encerra, e das virtudes que promove. Un mundo descoñecido para moitos dos asistentes, e que de seguro picou con curiosidade… veremos os frutos…

Facebook Blog delicious Flickr Google Reader Gmail/Google Talk Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes Plurk Pownce SlideShare Tumblr Twitter YouTube