Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Decembro, 2005



31.
Decembro
ás 9:00
0

O que pase detrás desta porta…

arquivado en: tomonota, Imaxines, galEGO, Xeral

…este fin de semán…

portafindeano

…non sei se se poderá contar!

    Etiquetags:




30.
Decembro
ás 10:04
0

Rockaway Live!!!

arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral

rockawayHoxe no Pub Bartola de Fene, ás 11:00 presentación do primeiro directo de Rockaway!!!

Tiven a oportunidade de escoitar os ensaios da banda do amigo LuiSan… e a verdade é que son a repera. Non son un fan do Knopfler, pero as súas versións sonan de marabilla!!!

Que ningún fan dos Dire Straits perda a oportunidade de escoitalos. Hai máis información coa lista de cancións e localización do local aquí.

    Etiquetags:




29.
Decembro
ás 10:27
4

Mazinger Z en Madrid!!!

arquivado en: Imaxines, Multi-½, Ceros e uns, galEGO, Xeral

mazingerzmadrid

…alucinante o que pode chegar a facer alguén (neste caso Jose Liébana)… fantástico!!!

(miles de bitácoras o referencian… e non é para menos… en que empresa de videoxogos traballará?)

    Etiquetags:




28.
Decembro
ás 15:21
9

A xunta de galicia pagará ós novos blogueiros!!!

arquivado en: Imaxines, PolÉtica, Ciberlingua, galEGO, Xeral

Parace ser que a consellería de innovación e industria da xunta de galicia, vai fomentar o uso da rede, ofrecendo puntos canxeables por cada anotación que realicen os blogueiros na súa bitácora en galego.

O catálogo non é moi grande: camisetas, chaveiros, monedeiros… pero menos da unha pedra!

…apúntante na súa páxina!

    Etiquetags:




26.
Decembro
ás 9:00
15

5eleccións para o 2005

arquivado en: Xeral

Coma o ano pasado, fago a miña lista de favoritos ó igual que Pawley

En música, escollo a Lamatumbá e o seu Lume, co directo máis festeiro ó oeste de Pecos… compartido en intensidade co segundo traballo de Pastora (La vida moderna), que revolucionou Lugo no San Froilán.

Para os libros, non houbo unha novela este ano, que me enchera totalmente, polo que felicito de novo a iniciativa de La Voz de Galicia de traducir os clásicos ó galego… apuntar tal vez, Leila.exe (Transmission no orixinal), por ser algo distinto, freso e novidoso… polo menos para min.

Se teño que escoller un comic, este é Historietas de Ken Niimura, unha escolma fantástica de narracións brillantes e orixinais… á falta de ver o novo de David Rubín.

A película do ano é sen dúbida La novia cadaver do admirado Burton… que será de nós cando faltes!!! …para a contrincante directa: Sin City, agardo o DVD super-extra-limitado-coleccionista-…

E para o DVD, quédome con Hai que botalos, un exemplo de traballo colectivo concienciado e con conciencia!

…a ver qué nos trae o 2006!

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999