…porque xa se está argallando a xantanza anual do blogmillo…
…preparense porque nin se pode, nin se debe faltar!
Fai 26 anos que se fixo a casa… para moitos pequena dabondo e obviamente incómoda para vivir a longo plazo.
Cando un leva moito tempo nunca casa, a súa vida a consecuencia do paso do tempo, sufre cambios, evolucións, perdas,… e ás veces é preciso cambiar de domicilio, para adecuarse ás novas circunstancias.
Hai veces que é complicado porque os cambios supoñen, non só unha modificación de estado, senón que ás veces acarrea hábitos, comportamentos e costumes que son dificiles de cambiar.
En calquera caso, nada está feito para que perdure eternamente, e non sei porque a xente é tan reacia ó cambio. De feito, o cambio é a base fundamental da evolución… e normalmente é para mellorar.
…non é o feito de cambiar por cambiar… pero pasado o tempo, non ven de máis facer unhas reformas no fogar.