Por exemplo, unha serie…

numb3rsA nova canle… cu4tro enche a parrilla con series. Tamén o resto de cadeas parece que andan tras o boom de engancharnos… primeiro coas de producción estatal, e agora coas importadas…

Os americanos, que para algunhas cousas son un pouco máis espelidos, aproveitan o tirón para facer cousas interesantes.

A CBS, ten nestes momentos duas series en antena nas que de forma tanxencial ou directa, aparecen as matemáticas.

En Threshold, hai un equipo de científicos que tratan de protexernos dun ataque alieníxena real. Un dos membros é un matemático, anano e promiscuo… un cachondo vamos! experto en criptoloxía e lingüistica!. Un exemplo de que os matemáticos non son xente ofuscada, que anda rodeada de números todo o tempo.

E a máis interesante, tal vez sexa Numb3rs, onde un grupo de investigación do FBI é asesorado por un xenio matemático, capaz por exemplo, de localizar un asasino en serie gracias a unha fórmula que en función dos ataques, predí onde vive ou traballa o asasino!!!

O caso é que esta última, trata de amosar como as matemáticas rodean, influen e axudan en todas os acontecementos que rodean a nosa vida. De feito, coa colaboración de Texas Instruments, a empresa televisiva lanzou unha campaña sobre cómo todos nós usamos as matemáticas a diario.

…a ver se a alguén se lle ocorre copiar a idea…

[agradezo a motherfucker toda a documentación proporcionada :wink:]