Arquivos de Novembro 9th, 2005
ás 22:09
Dar para recibir, ou recibir para dar
arquivado en: PolÉtica, Multi-½, Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral
Levo xa un tempo en bitácoras.com e a verdade é que as veces que tiven que falar, tanto con David coma con José Luis, sempre foi unha marabilla, e todos os problemas se solucionaron de xeito sinxelo.
De feito, ainda que esta bitácora naceu nos tempos nos que non había aloxamento xeralizado e gratuito coma agora, pareceume xusto poder agradecer a hospedaxe durante estes anos, por esa complicidade sempre atentos a calquera problema, suxerencia, axuda…
Agora WordPress.com, ten a intención de dar aloxamento gratuito ós bloggeiros que o precisen.
Teño unha invitación para ese novo servicio,… e a verdade é que non me apetece abandoar bitácoras.com (con todo o pro-WP que són!), así que quero agasallar a algún lector desta bitácora, que non teña unha propia e lle apeteza comezar unha, ese weblog.
Obviamente non hai ningunha razón de peso para usar ese servizo en lugar de calquera outro, simplemente non quero gastar a invitación noutra bitácora, que sei que eu non podo atender.
Non sei que método empregar para escoller á persoa (…se é que alguén a quere, claro!)… se a alguén se lle ocorre algo, só ten que comentalo.
Pola miña parte terá o compromiso de tentar axudala/axudalo en todo o que precise, e se o meu tempo mo permite, para poder levar adiante o seu proprio espacio na rede.
- Etiquetags:



ou
ou





