LUME NUNCA MÁIS

lumes O vindeiro sábado 1 de outubro a cidadanía galega xuntarase en Ourense para manifestarse baixo o lema LUME NUNCA MÁIS, O NOSO MONTE IMPORTA. O Comité de Defensa do Monte Galego convoca esta manifestación que sairá do Pavillón dos Remedios ás 20h e percorrerá as rúas ourensás ata rematar na Praza Maior, onde o escritor Xosé Carlos Caneiro dará lectura ao manifesto e a actriz Mabel Rivera lerá as bases do Comité en Defensa do Monte Galego coas demandas e medidas concretas que se reclaman para un cambio efectivo en materia forestal. Numerosos alcaldes e membros das institucións públicas galegas confirmaron a súa presenza na manifestación, que irá encabezada por membros da sociedade civil, persoas afectadas directamente polos incendios e persoal de extinción.

Adxuntamos un documento cos obxectivos e as razóns polas que se convoca esta manifestación, así como as bases en defensa do monte.

Máis info en http://lumenuncamais.blogsome.com/

LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA.