Visitas guiadas

que_mirasO amigo Moncho fixo de guía (coma algún tempo) no mosteiro de Samos. Fantástico poder percorrer ás nosas anchas o impresionante edificio.

Dispoñer de tempo é algo que os monxes parecen posuir en cantidades astronómicas. Observar como miman o xardín, pasean cos peregrinos,… disfrutan das pequenas cousas!

Acostumaba a visitar as bitácoras galegas (e algunhas de fora) diariamente. Coa sindicación era sinxelo, pero agora nin con iso. Nunca pensei que algo que empezou entre o hobby e o traballo e co que disfruto enormemente, acabase por converterse nunha droga á que tan facilmente me enganchei.

Pensado friamente, non sei que interese ten andar a ler as tonterías que escribimos diariamente. Será algún tipo de malformación psicolóxica a medio camiño entre o exhibicionismo e o voyeurismo… cousas da rede… que anda a trastornar o entendemento humán…