Co permiso do amigo Pedro poño aquí unha foto dun canastro, coma él dí, que xa non é coma eran os de antes.
E é que as cousas xa non se fan coma se facían. Non o digo porque sexan peores… máis ben, son diferentes… algo así coma os revival.
O caso é que hai cousas vellas, que se renovaron para peor. Onte andivemos polo mosteiro de Caaveiro, que andan a rehabilitar dende o 2003. Hai uns pases de 30 minutos nos que che fan un percorrido pola evolución do cenobio, dende as orixes hai máis de 1000 anos até agora. Do orixinal xa pouco queda. E do que están a construir agora, a idea é: para qué molestarse en poñelo coma estaba, se con tantos cambios(saqueos) que tivo, xa pouco se podería facer!.
Así que a opción é adecentalo para as visitas, e punto. Pronto as Fragas do Eume serán un parque temático de cartón pedra.