Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Setembro, 2005



30.
Setembro
ás 17:55
4

LUME NUNCA MÁIS

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

lumes O vindeiro sábado 1 de outubro a cidadanía galega xuntarase en Ourense para manifestarse baixo o lema LUME NUNCA MÁIS, O NOSO MONTE IMPORTA. O Comité de Defensa do Monte Galego convoca esta manifestación que sairá do Pavillón dos Remedios ás 20h e percorrerá as rúas ourensás ata rematar na Praza Maior, onde o escritor Xosé Carlos Caneiro dará lectura ao manifesto e a actriz Mabel Rivera lerá as bases do Comité en Defensa do Monte Galego coas demandas e medidas concretas que se reclaman para un cambio efectivo en materia forestal. Numerosos alcaldes e membros das institucións públicas galegas confirmaron a súa presenza na manifestación, que irá encabezada por membros da sociedade civil, persoas afectadas directamente polos incendios e persoal de extinción.

Adxuntamos un documento cos obxectivos e as razóns polas que se convoca esta manifestación, así como as bases en defensa do monte.

Máis info en http://lumenuncamais.blogsome.com/

LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA.

    Etiquetags:




27.
Setembro
ás 15:45
0

Protexidos?

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

Se usas unha rede sen fios pública, completamente aberta, podes tratar de protexerte, coa nova ferramenta: Google Secure Access.

Todo iso, claro, a cambio de que google poida saber por onde navegas

Este google está a invadir todo, barras de navegación, correo, programas de mensaxería,…

    Etiquetags:




23.
Setembro
ás 17:48
1

…corro a voz.

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Algúns engadidos para o WP están moi ben, pero consumen recursos que da gusto. David Martínez avísame para que modifique o dos Comentarios recentes, así que vou usar o que me sinalou en Alt1040. De feito eu pensaba que era o trackspam que dende fora non se ve, pero acosa que da xenio velo!

Seguirá sendo efectivo… igual menos atractivo, pero o conto é a eficiencia!

    Etiquetags:




22.
Setembro
ás 13:22
2

Poster galiza

arquivado en: Multi-½, Imaxines, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral

poster-galiza

    Etiquetags:




19.
Setembro
ás 19:45
3

Visitas guiadas

arquivado en: Multi-½, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

que_mirasO amigo Moncho fixo de guía (coma algún tempo) no mosteiro de Samos. Fantástico poder percorrer ás nosas anchas o impresionante edificio.

Dispoñer de tempo é algo que os monxes parecen posuir en cantidades astronómicas. Observar como miman o xardín, pasean cos peregrinos,… disfrutan das pequenas cousas!

Acostumaba a visitar as bitácoras galegas (e algunhas de fora) diariamente. Coa sindicación era sinxelo, pero agora nin con iso. Nunca pensei que algo que empezou entre o hobby e o traballo e co que disfruto enormemente, acabase por converterse nunha droga á que tan facilmente me enganchei.

Pensado friamente, non sei que interese ten andar a ler as tonterías que escribimos diariamente. Será algún tipo de malformación psicolóxica a medio camiño entre o exhibicionismo e o voyeurismo… cousas da rede… que anda a trastornar o entendemento humán…

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999