Na cidade incomunicada, o monte emite o seu berro cubrindo o ceo.
En outras cidades, tamén o ceo fai de pantaia de proxección de socorro… incluso para a propia cidade. E o día faise noite para trastocar a dinámica da vida e avisarnos de que algo non vai ben.
Dos cinco sentidos que nos fan relacionar co medio, só o tacto parece despreciarnos. E ningún aviso nos parece relevante.
Até que o lume nos consuma.