Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Quén é quen

Houbo unha época na que o sistema operativo era sinxelo, eficiente, e pasaba relativamente inadvertido. Hoxe non. Hoxe o sistema operativo parece ser que é un fin en sí mesmo, é dicir, da a impresión de que se venden os ordenadores co sistema operativo preinstalado… e xa non precisarás de máis nada nesta vida! :neutral:

Fai uns días escoitaba ó evanxelizador en novas tecnoloxías de Microsoft (non é coña, chámanlle así!) falando do vindeiro Windows Vista, que entre outras virtudes vai precisar como mínimo de 512 Mb. de memoria para funcionar correctamente (logo xa veremos!) e de aceleradora gráfica 3D… :shock:

Pensaba entón nos tempos no que o importante era que o sistema operativo permitise executar aplicacións… simplemente… Agora parece que hai que mercar un equipo pensando no sistema operativo que vai levar, e non nas aplicacións que vai executar. :roll:

Este exemplo cita a Windows en particular… pero é extrapolable! :cool:

Hai un interesante repaso histórico ineludible en En el principio… fue la línea de comandos. :eek: