Nos xornais de verán…

…veñen novas sorprendentes.

Normalmente o verán é unha época de pouca noticia de relevancia, e as portadas dos xornais acumulan sucesos ou información pouco trascendente. E a que realmente é importante, magnifícase ate facela cuestión de estado.

Nos últimos días atopei cousas interesantes en La Voz: Coma que un camión de Coren chocou con outro de Pimpollo (a can malo, todos son pulgas); O decano de odontoloxía, afirma que os seus alumnos saben perfectamente a súa saida laboral (só fodería!!!); as mulleres do noroeste son as máis satisfeitas sexualmente do estado (ah!), e hoxe mesmo afírmase que os nórdicos pimpan coma nós!

De tódolos xeitos o máis sorprendente é que o Marca venda máis exemplares que calquera outro xornal… o cal no verán é lóxico, porque no fondo trae máis páxinas que o resto da prensa…