Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Agosto, 2005



31.
Agosto
ás 13:53
4

luces e sombras

arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral

O novo disco de Mike Oldfield, Lights and Shades, está próximo!

Haberá que agardar até o 26 de setembro… ou non, porque con Mike pasa unha cousa rara… o seu clube de fans está cheo de masocas, que sempre lle damos unha oportunidade para volver ós vellos tempos… e normalmente volta a defraudarnos!

Agora deulle a tolemia polos xogos virtuais e a interacción multimedia… U-Myx é o nome do seu último invento… igual outro fracaso máis coma o de Tres Lunas

    Etiquetags:




27.
Agosto
ás 13:37
2

surfUSiom

arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral

surfusiom

…prepárate!

    Etiquetags:




24.
Agosto
ás 17:01
2

Nómadas

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

No que levo de vida, levo pasado por 4 fogares.

No que pasei a época máis importante da miña vida como rapaz, dos 8 ós 20 anos, xa non poderei voltar…

Non son dos que vivo moi apegado ó fogar. Estou apegado á terra pero non á casa en sí.

Así que estou confuso estos días, porque non sei se sinto magoa, agora que sei que os recordos vividos pasarán a ser de outros…

    Etiquetags:




17.
Agosto
ás 20:35
4

Os outros

arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral

sincity_mignola Os outros comics que están a ter adaptacións no cine, non son do renome dos máis coñecidos, pero están a ser algo máis dignos.

A pelexa que están a ter Marvel e DC, nas súas adaptacións respectivas, ten como víctimas directas ós propios resultados en forma de película.

Os outros comics clásicos están a ter as súas adaptacións: Spawn, From Hell, Hellboy, Constantine (Hellblazer),… a última Sin City, e as futuras V de Vendetta e Watchmen.

De Sin City, e agardando que alguén me contradiga, penso que é a adaptación máis fiel dunha obra escrita até o momento… de feito, eu penso que incluso demasiado fiel!

Non sei que lles parecería a película, á xente que non coñecía para nada o mundo de Frank Miller… eu non podo ser obxetivo.

    Etiquetags:




16.
Agosto
ás 8:18
2

A cidade incomunicada

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

Na cidade incomunicada, o monte emite o seu berro cubrindo o ceo.

lumeveran En outras cidades, tamén o ceo fai de pantaia de proxección de socorro… incluso para a propia cidade. E o día faise noite para trastocar a dinámica da vida e avisarnos de que algo non vai ben.

Dos cinco sentidos que nos fan relacionar co medio, só o tacto parece despreciarnos. E ningún aviso nos parece relevante.

Até que o lume nos consuma.

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999