Mundo Celta
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, galEGO, Xeral
Este ano, coa peña, tivemos certa discusión acerca do festival de ortigueira.
A miña opinión persoal sobre a organización do evento, non variou demasiado. Os autobuses, baños e resto de loxística para a marea humana, foi todo o eficiente que pode ser nestes casos.
En canto ós visistantes, eu penso que xa se alcanzou unha masa crítica dunhas 90.000 persoas, e non creo que medre moito máis. O que sí se notou, foi a gran cantidade de xente que chegou alén do telón do grelo. Eu que vivo a carón da estación de autobuses de ferrol, non paraba de ver ALSAs e variantes dende a meseta. E de feito confirmouse xa no propio festival, que estabamos colapsados, sobre todo por asturianos… que onde van fanse notar!!!
E a polémica veu da man do cartel de grupos convidados. Eu manteño a teoría de que o de ortigueira é un festival internacional de música folk, o cal implica traer a grupos representativos de tal música, coñecidos ou non (escenario runas aparte). Recoñezo que sempre da gusto ver un gran grupo… pero disfruto arriscándome a ver grupos dos que non sei nada (ainda que despois me arrepinta). Os meus amigos defendían a idea de que hai que levar farra, farra e máis farra, que é o que quere a xente… vamos… como a festa da fraga das pontes.
Este ano, non sei se foi unha proba ou non da organización, pero pese ó que opine a xente e ó que poda suceder para o ano, hai que arriscar!!!
…de hoxe nun ano…
- 2008: Quick News Flagged Articles — BOEDENSE: OS BLOGUEIROS GALEGOS, IMPULSORES DO REXURDIMENTO DA LINGUA
http://www.blogoteca.com/boedense/index.php?cod=42964
Isopixel: 25 […] - 2007: asubÃos do 2007-07-15 —
…no amarok… Juan Luis Guerra – Something Good: http://tinyurl.com/yq8acy http://tinyurl.com/22335b […] - 2007: asubÃos do 2007-07-15 —
…no amarok… Juan Luis Guerra – Something Good: http://tinyurl.com/yq8acy http://tinyurl.com/22335b […]
- Etiquetags:




ou
ou






Ese é un festival e o de As Pontes ou mesmo o de Pardiñas son festas, tamén o de Ortigueira está masificado ou institucionalizado ou é comercial. No caso do de Pardiñas, o único ao que vou, está a ficar obsoleto no aspecto de festival ( paréceme que á xente pouco lle importan os grupos) e continua a ser unha festa da embriaguez ( de calquer tipo) mal que lles pese a moitos, comenzando polo cura e os sucesivos alcaldes. As duas partes tedes razón ou algo parecido. Pode que pasaran 20 anos desde a última vez que estiven ahí polo que non teño opinión persoal.:roll:
A min Ortigueira cada vez me parece mais alleo. Non o digo polos grupos, senon pola xente que vai. Esperas atopar xente á que lle gusta o mesmo ca ti e aparecen moitos ós que só lles vai beber.
¿Como estiveron Lúnasa e o Cunningham? Eu queria achegarme a velos, pero non puido ser.
…a combinación festarachada-concerto, é dificil de conseguir, cando o público só admite unha das posibilidades… Non coñezo pardiñas, pero a fraga e ortigueira son exemplos, que deberían ser opostos, pero que cada vez se achegan máis… e sobre todo á festa tola do primeiro caso… Mágoa para os que queiramos escoitar un concerto de calidade e non só saltar coa botella de calimotxo na mán… que non me disgusta!!! …pero hai momentos e momentos…:shock:
…só puiden ver a lunasa… e gustoume! Os do domingo, teño referencias de que estivo moi ben (reclamo á crítica dalgún amigo)
Eu este ano pasarei pola Carbalheira de Zas. Alguém se apunta comigo?