Arquivos de Xullo 15th, 2005
ás 15:18
Mundo Celta
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, galEGO, Xeral
Este ano, coa peña, tivemos certa discusión acerca do festival de ortigueira.
A miña opinión persoal sobre a organización do evento, non variou demasiado. Os autobuses, baños e resto de loxística para a marea humana, foi todo o eficiente que pode ser nestes casos.
En canto ós visistantes, eu penso que xa se alcanzou unha masa crítica dunhas 90.000 persoas, e non creo que medre moito máis. O que sí se notou, foi a gran cantidade de xente que chegou alén do telón do grelo. Eu que vivo a carón da estación de autobuses de ferrol, non paraba de ver ALSAs e variantes dende a meseta. E de feito confirmouse xa no propio festival, que estabamos colapsados, sobre todo por asturianos… que onde van fanse notar!!!
E a polémica veu da man do cartel de grupos convidados. Eu manteño a teoría de que o de ortigueira é un festival internacional de música folk, o cal implica traer a grupos representativos de tal música, coñecidos ou non (escenario runas aparte). Recoñezo que sempre da gusto ver un gran grupo… pero disfruto arriscándome a ver grupos dos que non sei nada (ainda que despois me arrepinta). Os meus amigos defendían a idea de que hai que levar farra, farra e máis farra, que é o que quere a xente… vamos… como a festa da fraga das pontes.
Este ano, non sei se foi unha proba ou non da organización, pero pese ó que opine a xente e ó que poda suceder para o ano, hai que arriscar!!!
- Etiquetags:



ou
ou





