Arquivos de Xullo, 2005
ás 19:07
Un soño
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Vexo O sono dunha noite de San Xoan, a segunda longametraxe de Dygra tras O bosque animado
Esta nova entrega da animación galega, mellora en calidade gráfica… pero non demasiado na historia. É unha mágoa, porque neste tipo de productos, onde o avance informático non fai máis ca sorprendernos, sería moito máis importante que o guión fose a estrela da película.
E é que da a impresión de que nos últimos anos o máis importante é conseguir o máximo realismo gráfico ou físico na animación… e non ofrecer historias interesantes.
…a ver se para a próxima!
- Etiquetags:
ás 9:30
a-tracción
arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral
Ando a buscar coche.
A primeira opción sería un automóbil de segunda man… pero tendo na familia a un quisquilloso coa calidade dos coches, motores,… a cousa é complicada.
A segunda opción é mercar un coche novo, por menos de 2 riles e un páncreas. Como todo é cuestión de gustos, e tendo en conta que non son un freaky dos coches, o novo Seat León paréceme precioso… pero inalcanzable.
Tamén me agrada o Citröen C2, pero só ten 4 plazas homologadas e tal vez sexa un pouco pequeno de máis.
O 206, o Polo, o corsa,… non me chistan moito.
E dos que veñen do oriente, estoume a decantar por dous, neste momento: O Honda Civic ou o Toyota Corolla, dos cales teño boas referencias.
Se hai algún entendido, que me poda botar unha man, agradeceríallo!
Básicamente quero un diesel de gama media
que non pase dos 15000¤
- Etiquetags:
ás 9:04
Licenciate!!!
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Lino en Código Cero, citando a Cultura Galega, e confirmeino en Contos de estrelas e limóns… porque paradóxicamente a licencia Creative Commons… parece que certos medios non a aplican como debera ser!
En calquera caso, vai dende aquí o meu agradecemento e felicitacións para Fernando!!!
- Etiquetags:
ás 15:18
Mundo Celta
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, galEGO, Xeral
Este ano, coa peña, tivemos certa discusión acerca do festival de ortigueira.
A miña opinión persoal sobre a organización do evento, non variou demasiado. Os autobuses, baños e resto de loxística para a marea humana, foi todo o eficiente que pode ser nestes casos.
En canto ós visistantes, eu penso que xa se alcanzou unha masa crítica dunhas 90.000 persoas, e non creo que medre moito máis. O que sí se notou, foi a gran cantidade de xente que chegou alén do telón do grelo. Eu que vivo a carón da estación de autobuses de ferrol, non paraba de ver ALSAs e variantes dende a meseta. E de feito confirmouse xa no propio festival, que estabamos colapsados, sobre todo por asturianos… que onde van fanse notar!!!
E a polémica veu da man do cartel de grupos convidados. Eu manteño a teoría de que o de ortigueira é un festival internacional de música folk, o cal implica traer a grupos representativos de tal música, coñecidos ou non (escenario runas aparte). Recoñezo que sempre da gusto ver un gran grupo… pero disfruto arriscándome a ver grupos dos que non sei nada (ainda que despois me arrepinta). Os meus amigos defendían a idea de que hai que levar farra, farra e máis farra, que é o que quere a xente… vamos… como a festa da fraga das pontes.
Este ano, non sei se foi unha proba ou non da organización, pero pese ó que opine a xente e ó que poda suceder para o ano, hai que arriscar!!!
- Etiquetags:
ás 8:49
Quería falar de…
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
…de ortigueira …do libro de David Bravo (Copia este libro) …do comportamento humano con grandes cantidades de alcol en vea…
…pero vou recomendar Portugal no seu melhor! …porque da outra beira do miño, a xente é máis semellante a nós do que parece!
…igual despois, falo do resto…
- Etiquetags:



ou
ou





