Arquivos de Xuño 6th, 2005
ás 15:13
Ciencia e cine
arquivado en: Multi-½, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Recoñezo que teño predilección polas películas que tanxencialmente tocan algún tema científico, como excusa para falar das miserias humáns. Refírome como exemplo máis notable a Cube, que tontea con incógintas pseudo-matemáticas para amosarnos a crudeza da que somos creadores e víctimas, e da que recoñezo que son fan irredento.
Tanto desa película, como da que agora me ten intrigado, Primer, non tiven referencias ó principio,pero pouco a pouco (Cube polo menos) foise convertindo en filme de culto (Primer parace que leva o mesmo camiño).
Ambas son de baixo presuposto e nas que o guión é o que prima, así coma a composición das personaxes, e non a floritura ornamental que apartou do semellante obxetivo a películas coma Contact, Gattaca ou Minority Report.
Non sei se será así con Primer, pero agardo con ganas o seu estreo…
- Etiquetags:



ou
ou





