Non teño unha experiencia laboral moi dilatada… pero ainda así, tiven a sorte de traballar sempre en algo que me gustaba.
E non xa só porque o emprego se adecuase cos meus intereses, senón porque realmente estaba satisfeito co que facía… no sentido ese de farío igualmente ainda que non me pagasen! …o cal non chega a ser falso de todo…
Sempre reneguei da docencia pura, á que a miña formación me tiña avocado… e finalmente é ó que, en certo modo, me estou a adicar! Nunca sabe un ó que se vai adicar finalmente!
Supoño que será toda unha sorte, poder estar a gusto co que fas. Levantarte con ilusión, xa non só porque a fin de mes serás recompensado, senón coa intención de seguir aprendendo, axudando,…
…a ver o que dura!