Arquivos de Maio 17th, 2005
ás 20:11
Vangarda
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
A vangarda da tecnoloxía é algo no que pensei ultimamente, e non acabo de atoparlle sentido.
Hai quen fala da vangarda tecnolóxica no senso de estar á última co dispositivo máis moderno/eficiente/bonito/… Outros de aproveitar a tecnoloxía para facernos a vida máis sinxela e/ou productiva… Tamén hai quen fala de innovar e ofrecer cousas que nunca pensabamos que nos ían cambiar tanto a vida… Ou quen considera a vangarda coma ser o primeiro en facer algo…
Pero de todos os casos véñenme á mente éxitos e fracasos, coma por exemplo, o iPod e a GameCube para o primeiro exemplo… Buscadores coma google e ozu no segundo caso… A sindicación de contidos e as redes sociais, cando falamos de cambios na nosa vida… Ou o caso de Microsoft e Inves(trónica), xa ninguén recordará que Inves foi a primeira que amosou neste estado o que significaba Multimedia…
…eu persoalmente considero estar á vangarda tecnolóxica, cando simplemente vagabundeas pola marea de información que te rodea, e eres capaz de sacarlle algo de proveito…
- Etiquetags:



ou
ou





