espello do alma

En tres contextos distintos, con persoas diferentes e en lugares dispares, recibo durante estos últimos días, as mismas impresións: Teño unha cara común:roll:

Xa me tiña pasado máis veces, incluso sendo pequeno, pero desta vez como foi tan xunto e en situacións tan diferentes sorprendeume.

Os que me coñezan físicamente poderán opinar con maior razón, pero parece ser que teño a capacidade de parecerme a alguén, ou dar a sensación de que me teñen visto xa algunha vez, con multitude de persoas.

E volvendo para casa deume por pensar na cara coma espello do alma… do cal deduzo que na miña situación debo ser o estereotipo neutro de habitante deste planeta… :neutral: Esta ben isto de estar na media común… supoño…

En calquera caso eu quédome con Ou nos ollos ou nos pés, has de imitar a quen es. :wink: