Arquivos de Maio, 2005
ás 9:51
Sumeme e siga…
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Non son moi amigo das cadeas por correo electrónico (non me disgusta recibilas… pero non contribuo a difundilas…), pero nesto dos memes bitacoreiros é dificil rexeitalos cando te nombran explícitamente!
Testigo recibido de: Spaviladiyo
Tamaño total dos arquivos de música do meu PC:
mmm… vintepico xigas nun ordenador… e 5 ou 6 en outro… máis ou menos… o primeiro para levar de festa ó monte… e o segundo para poñer de fondo…
Último disco me comprei:
Pois o recopilatorio de Fía na roca, pero ando pendiente do novo de Yann Tiersen, o dos Cempés,…
Canción que estou escoitando:
Arenas de soledad, da B.S.O. de Habana Blues… Pero non a escoitedes!!!… ou quedaredes enghanchados irremediablemente!!!
5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:
-O tema principal da B.S.O. de In the mood for love (…pesadito coas bso’s!)
-Calquera canción instrumental de Yann Tiersen (modo randomize)
-Calquera canción de Madredeus ou Rodrigo Leao (modo aleatorio)
-Calquera de Budiño, Peón, Fía na Roca ou Berrogüetto (modo ó chou)
-Calquera single que me enganche puntualmente (ver Canción que estou escoitando)
5 persoas ás que lle paso o testigo: (que se fodan! :wink:)
Arduina, Dorvisou, Paleón, Peke e Xisbe.
(non hai compromiso de facelo, ollo!)
- Etiquetags:
ás 10:58
Agusto co que fas…
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Non teño unha experiencia laboral moi dilatada… pero ainda así, tiven a sorte de traballar sempre en algo que me gustaba.
E non xa só porque o emprego se adecuase cos meus intereses, senón porque realmente estaba satisfeito co que facía… no sentido ese de farío igualmente ainda que non me pagasen! …o cal non chega a ser falso de todo…
Sempre reneguei da docencia pura, á que a miña formación me tiña avocado… e finalmente é ó que, en certo modo, me estou a adicar! Nunca sabe un ó que se vai adicar finalmente!
Supoño que será toda unha sorte, poder estar a gusto co que fas. Levantarte con ilusión, xa non só porque a fin de mes serás recompensado, senón coa intención de seguir aprendendo, axudando,…
…a ver o que dura!
- Etiquetags:
ás 8:00
Flipando!
arquivado en: Multi-½, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Teño moita bitácora atrasada que ler… (vaia vicio a sindicación!) …así que con retraso (sin presa pero sen pausa), ainda descubro hoxe os agasallos que nos estivo a facer Ike, da quedada na coruña…
Un xa do día 7, no que me descubro coma trovador na fonte de Curros (será o de Asterix… algunha indirecta!? :mrgreen:) …e outro de antonte no que podo disfrutar dunha estudiante de galego!!! (mandarama á casa?)
10^n gracias (con n->infinito) ![]()
- Etiquetags:
ás 9:47
A casa do terror
arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral
Aquí pasamos o fin de semán pasado, a peña e máis eu. Non estiven á altura das circunstancias… debo varios días de sono…
Sobre as aventuras e desventuras… supoño agardo que alguén as reflexe en túneles y montes
- Etiquetags:
ás 19:10
Tiña que ser
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
…despois da presión recibida :mrgreen:, non podía ser doutro xeito :roll:, así que finalmente queda inaugurada a bitácora da peña da miña pandilla…
…só lles pedin que, polo menos, escriban algo de vez en cando (o único motivo polo que non a quería facer), así que lles vou dar un voto de confianza, a ver como vai…
…a excusa serviume para probar o novo sistema bitacorae, de bitacoras.com, que me sorprendeu gratamente, e que recomendo a todos os que desexen unha alternativa cómoda, rápida e sinxela a blogger…
p.d. esta fin de semán é a festa de maio, que agardo quede reflexada en túneles y montes
- Etiquetags:



ou
ou





