Arquivos de Abril 17th, 2005
ás 21:51
Vellas visitas
arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral
Visitar a aldea dun, sempre trae vellos recordos… sobre todo trae cores, trae sabores, trae olores,… De pequeno (…e tamén agora!) devecía polos careixos, esas pequenas fresas silvestres. Buscaba neles coma se andivese a rastrexar ouro polos ríos… e agora, o único rapaz que queda na aldea e pode comelos, mira para eles con indiferencia.
As cousas xa non son como eran… de feito agora sí que nunca serán máis como foron… xa non hai sons, nin aloumiños, nin bicos,… Xa non se precisa ir á fonte por auga, e o horreo, mira ti por onde! desexaría ser fogar dos ratos…

As cousas quedan para contarse historias entre elas… repítense os contos, e os refráns, e os dimes e diretes,… É o que lles queda, despois dunha vida de luxoso coidado… morrer esferruxadas. Xa non hai zoqueiros que as queiran… e nos museos sobra toda esta quinquillada…
- Etiquetags:



ou
ou





