[Mañá do día 9] Finalizan as charlas coa sensación de que algo se move no mundo, lentamente, pero con intención. Comeza Comunicación, xestión de crise e mobilización do voluntariado na sociedade do risco de José Luis Piñuel Raigada que cundindo co exemplo na presentación, sintetiza todos os puntos claves da xestión dunha crise, no sentido máis amplo da palabra; Un bloggeiro que exerce de tal: Internet e a voz das persoas é Enrique Dans, que literalmente fascina a todos os asistentes e que provoca certa conmoción á hora de falarnos da necesaria acción para o cambio de filosofía, cando falamos de adaptación ás novas tecnoloxías. Por suposto menciona o papel das bitácoras e como non da utilidade de ferramentas como a sindicación para divulgar no mundo das ONGs. (chapeau!) E finalmente Google nun entorno solidario onde Miguel de Reina, director de Google para a península, presenta oficialmente, Google grants un xeito de favorecer ás ONGs no adWords, da que xa se falou fai tempo.
Na cidade solidaria, unha serie de postos de diversas asociacións e entidades, que dun xeito ou outro precisan ou aportan voluntariado para distintas necesidades da nosa sociedade.[por inepto non podo poñer fotos da cidade solidaria, porque desmontaron á velocidade do raio!]
Conclusións acumuladas:
- Derroche de medios tecnolóxicos para as xornadas, con regalo de material tecnolóxico (un disco usb de 64MB.); tarxetas magnéticas para ir fichando; proxectores por todos lados e equipos informáticos para uso e disfrute dos asistentes.
-E percepción persoal: un 60% quere os créditos e/ou o diploma de asistencia, e un 40% ten interese real no voluntariado, do cal, rebaixo ó 15% o que fusiona este interese co uso das novas tecnoloxías.
-Ser conferenciante é todo un arte, ciencia, mérito,… hai que valer!
-Maremagnum de ideas, conceptos, propostas… teño a cabeza a punto de estourar!
-A organización pórtase, e todo flue nesta marea de xente, chapó!
-O filtro de contidos da illa virtual (ou sexa, algún filtro de contidos) non permite o acceso a certas bitácoras galegas… censura!?
-Un sae deste tipo de eventos, con mil ganas de facer cousas… que tentaremos que non desaparezan!
Continuamos en Volunet, con sobredose mental…

[mañá do día 8]Fantásticas as 3 ponencias desta mañá: Sociedade da Información e Voluntariado de Carmen Laviña Bellido, que resalta a necesidade da difusión mediática das actuacións, promocións,… así como do deseño e creación dunha identidade. Tamén importante a correción da fenda entre nós mesmos, para achegar as TIC ás necesidades reais; Voluntariado virtual de Ismael Peña é até o momento o que máis me interesou (de feito cambiarei de taller polo seu), aparece o concepto de voluntario TIC, voluntario virtual,… a estructura que ten a rede ofrece novos eidos de participación, a maiores ou non dos tradicionais, todo un camiño novo xa empezado e con potencialidade inmediata; Tecendo redes para o voluntariado compartida por Elena Acín, Bruno Ayres e Jefferson Ramírez, amosa o concepto de redes sociais (penso en David Ugarte), e un exemplo palpabel de colaboración entre paises e proxectos, coñecemos o simil V2V (P2P) e reflexionase sobre a nosa única rede, frente á web e net saxona… Polo medio vexo os resultados da colaboracíon entre a Xunta e Sun, para ofrecer de balde ás ONGs o seu Java Desktop un sitema operativo baseado en GNU/Linux e Java, de sinxelo manexo e baixo custo.
[tarde do día 8]Comezamos con Ciberactivismo de Diana Casellas Pauli onde vemos resultados palpables de accións na rede, como as típicas sinaturas das que moitas veces dubidamos do seu resultado, pero que ben enfocadas son ferramentas máis que axeitadas; e o momento paradóxico das xornadas con A exclusión na sociedade da información de Ricardo Gaitán Pacheco (Telefónica!?), contra o que o normalmente tímido público descarga as súas iras, algunhas veces inxustas e outras máis que exclarecedoras da situación; no taller cambiei finalmente polo de Voluntariado virtual para e-learning solidario de Ismael Peña, que complementa a xornada matutina e que me resulta claramente visionaria (cito o subtítulo: Proxectos formativos sostibles de alta replicabilidade e baixo custo para a cooperación ó desenrolo) Facer do ensino virtual, unha ferramenta de baixo custo (fálase de moodle, atutor, drupal,… ou as ferramentas da propia UOC!), sinxelamente reproducible en outros eidos (para calquera ONG) e con autonomía total (formar para que a autoxestión!!!)
Na illa virtual a xente recopila, profundiza e descubre multitude de proxectos na rede (ou non) das distintas ONGs.