Primeira metade das xornadas Volunet… e a afluencia de público universitario, é máis que notoria, sobre todo na superioridade de rapazas.
Tres foron as ponencias da mañá: e-voluntariado, a visión de Sun por Adolfo Hernández, na que nos remarca a necesidade de achegarnos á empresa e aportar ideas, tanto polo beneficio deles, coma do noso propio proxecto; O discreto encanto da filantropía. Estratexias de marketing social por Carlos Mañas Gómez, na que recapacita sobre a dignidade do axudante e do axudado, de cara a non facer victimismo do mesmo; e Reducindo a brecha dixital con Juan Pablo Sánchez-Beltrán, May Escobar Lago e Rocío Miranda de Larra, na que presenciamos tres exemplos claros de voluntariado en novas tecnoloxías: Teso e Bip Bip ambas funcionando con bos resultados.

[tarde do día 7]Para a sesión de tarde, dous pesos pesados mediaticos: Educ.ar con Martín Varsavsky, o alma mater de Jazztel, Ya.com, …e por suposto educ.ar, o incrible portal educativo arxentino, que tamén amosa, como outro exemplo de vontade e esforzo, o congreso sobre democracia e terrorismo, celebrado en madrid no aniversario do 11-M. E O procomún e o coñecemento universal con Javier Candeira, un dos líderes de barrapunto, onde sinala a necesidade de liberar e compartir o coñecemento, con ideas como CreativeCommons. O obradoiro que escollo é Acción voluntaria a través da rede elaborado por unha novísima asociación: Asociación de Voluntarios de Internet de Galicia con moitas ambicións e aspiracións… e poucos membros, de momento.
Fai un par de anos, tiven a oportunidade de traballar nun novo proxecto de escola de verán, que ó final, foi de todo …menos escola!
O conto é que eu levaba a parte de ciencia e matemáticas, dun laboratorio estival no que tentamos darlle a volta a todo o preconcebido nas aulas …e penso que o conseguimos, porque ainda que eu non as tiña todas comigo, o resultado foi incrible, e tanto os rapaces coma nós, pasámolo de medo!
Pois resulta que o colectivo organizador: Tagen Ata, ven de lanzar un novo portal, e non quero que pase o momento sen recomendar a súa visita e darlle os parabéns!!!
Para a parte técnica, usan SPIP, que eu non coñecía, que está en galego, e que ten moi boa pinta…