Por se acaso
…para que non me volva pasar, o señor spaviladiyo e un servidor, imos poñernos a traducir o gaim ó galego, sen presa …pero sen pausa, coma di el
O gaim é un programa libre de mensaxería instantanea, que permite a conexión simultánea ás distintas redes jabber, msn, yahoo, icq,… evitando así ter que usar os 3 ou 4 clientes respectivos. De feito, estes últimos días estoulle a dar moito uso!
Pois como da última vez, tratando de traducir o 7-zip, un xenial compresor-descompresor de arquivos, resulta que a versión beta xa estaba en galego, se alguén anda xa a traducir o gaim, que avise, oh!



Mensaxería instantanea, ou espontanea???….
…sinerxia!
…que agora está tan de moda!
Se precisades mais xente (inda que non me parece que teña moito que traducir… ), eu apúntome
…pois agradécese a axuda!!!
…agora mesmo, supoño que entre spaviladiyo e máis eu chegaremos… pero apunto o teu nome para futuribles
Estooo, olvidábaseme, non eran 11000 liñas a traducir como che dixera a semán pasada, son 2000 e pico; por certo, apuntouse DuKeUrIeL (o compañeiro de bitácora) votándome unha man.
Saúdos!
…pois se tal retomo a xoan, e así é menos traballo para todos
(mándoche un correo xoan)…
Eu creo que para esta (inda) non fai falla xente…en sucesivas entregas quizabes teñamos que votar man dalgún entusiasta para rematar antes…inda que non estaría de máis que fixera de beta-tester ou algo asín