Esta bitácora leva tempo parada, porque primeiro pasou por miarroba, e logo atopou un oco definitivo en:
dorfun.bitacoras.com
desculpen as molestias ;P
A fenda tecnolóxica deste planeta, consiste en que uns amigos daneses, que andan por estas terras de vacacións, podan seguir traballando dende aquí, só cun portatil e un teléfono móbil… mentras que do outro lado do atlántico, o veciño cubano pídeme que lle mande lápices usb, coma se dun ipod se tratase…
E mentras, as cabezas pensantes do goberno deciden que como o canon da sgae non é suficiente, que eles mesmos se prestan a facer de recaudadores mafiosos… Se tal, se algún día teño un fillo, igual teño que abonar unha cantidade en concepto de tasa polos contos e cancións que lle poda contar mentras durme…