Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Abril, 2005



28.
Abril
ás 7:38
4

Chamamento

arquivado en: Multi-½, Imaxines, tomonota, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral

Como o meu é meterme en fregados, o penúltimo no que me meto é na creación de seMente.

seMente nace fai moito tempo, da necesidade de ter un lugar común onde todo o mundo poda solventar os seus problemas informáticos… e vai tomando forma definitiva despois do escoitado na conferencia de voluntariado.

A idea era ter un punto onde a xente poda construir documentos colaborativos, aportar novas, crear foros, dirixir bitácoras,… e tamén solicitar e/ou crear cursos en liña, enfocado sempre a axudar a outros a sobrepasar os seus problemas e dúbidad informáticas diarias (¿cómo configuro o meu correo electrónico?, ¿que cliente de ftp podo usar?,…).

Para todo iso, seMente leva por debaixo un potente xestor de contidos: drupal, con un feixe de módulos para acompañalo. E a ferramenta de ensino en liña chámase xerMolos, que fai uso do servicio de e-aprendizaxe Moodle. (A versión de ensino de drupal, drupal-ed, ainda non está de todo desenrolada)

Actualmente seMente está a ser utilizada, en parte, polos usuarios da lista softlibre-edugal, unha lista de correo que fala do uso do software libre no ensino galego non universitario… pero está aberta a todo tipo de usuarios.

Pero nos últimos días a miña vida anda a dar máis voltas das que estou acostumado, e para iso este chamamento… se alguén ten ganas de axudar, ou precisa axuda… seMente está á súa disposición, así coma xerMolos, e calquera outro derivado do proxecto. Gustaríame que isto non quedase só nun proxecto frustrado, e tivese funcionalidade real. Pola miña parte, tentarei ir dándolle contidos e teño a intención de facer un curso en liña de bitácoras… pero a ver…

Están vostedes invitados a participar! (incluidos administradores, deseñadores,…)

E como punto final… dentro de pouco é posible que teñamos o Planeta Blogaliza!

    Etiquetags:




27.
Abril
ás 0:01
0

NON!

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

non_as_patentes_de_software

    Etiquetags:




25.
Abril
ás 14:44
4

Monumento

arquivado en: galEGO, Xeral

figadoSó en ferrol poderiamos ter un monumento ó fígado! (que conste que está pouco céntrico)
…e que cada un valore, porqué é tan importante o fígado… no meu caso, os meus amigos os polipitos, teñen unha vida máis que satisfactoria no meu… algo así coma os pequenos constructores de fragel rock… :roll:

    Etiquetags:




23.
Abril
ás 10:31
4

Aportación ferrolana

arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral

doniños-quixoteEsta é a aportación ferrolana ó ano do quixote (ainda que leva tempo xa en ferrol). Está preto dunha das praias máis concurridas da comarca, e feita toda en material fundido reciclado (astano&bazán’s art [now izar’s art]). Queda para unha próxima entrega o monumento ó fígado! :roll: …unha aportación a ese órgano tan sufrido… (non é broma!)
[Foto cedida por Renè]

    Etiquetags:




21.
Abril
ás 12:34
0

en abril

arquivado en: PolÉtica, Multi-½, Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral

…xúntanse moitas datas importantes. Non é 23 a de maior lembranza, pero por certas cousas curiosas da cultura neste planeta, permiten que ese día un poda mercar libros cun certo desconto (10%)

…no meu listado, até este momento están:
Crónicas Marcianas de Ray Bradbury e probablemente a edición galega do Quixote (da que na Consellería de Cultura,quen edita, non fan mención :roll:) …un que sucumbe ó merchandising.
Cara a cara con la vida, la mente y el universo de Eduardo Punset e probablemente Blanckets de Craig Thompson (se chegase o presuposto!)

…pero admítense suxerencias…

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999