A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Moda 2005

O ano pasado foi a moda do Gmail, e todo o mundo quería unha conta, e para que negalo… eu tamén. O conto é que agora só utilizo esa conta coma almacén, pero daquela tivera as miñas dúbidas.
O espacio, o problema de sempre para o correo electrónico, pero Yahoo! que tiña a miña conta de sempre, reaccionou, e para qué nos imos enganar, 250 MB. son máis que suficientes!

E este ano repítese a moda, e todo o mundo, e para qué negalo… eu tamén, quere unha conta de Yahoo! 360º, un xiro completo, que suma, bitácoras, correos, contactos, fotos,…

O que queira invitacións, xa sabe…

Moitas gracias a Xorxe de Vida Vacía

9 comentarios