Seña de identidade
Dentro duns meses teremos á nosa disposición o sufixo de primeiro nivel .eu, e a ben seguro que algún de nós (ególatras!) aproveitará para rexistrarse… www.porqueodestesitioson.eu
O caso é que a día de hoxe xa se pode facer algún xogo de palabras co listado de sufixos xá existentes, coma
www.todacabratira.ao/monte
www.valemaisquefagamal.ca/quesobre
www.presentocheomeucorpo.nu
Obviamente a nosa terra non ten nome
, ainda que podamos roubar o .ga de Gabón ou o .gl de Groenlandia… ou agardar polo .gz algún día!



Os TLD’s (Top Level Domains – .es, .de, .it) ou sufixos de dominio de países estan rexidos hoxe en día por unha organización dependente dos Estados Unidos chamada IANA (Internet assigned numbers authority – http://www.iana.org).
«Usos da táboa ISO 3166-1. Non e asunto da IANA decidir que é e que non é un país. A selección da lista ISO-3166-1 como base para os dominios de países de primeiro nivel foi feita co coñecemento de que ISO ten un procedemento para determinar que entidades deben e que entidades non deben estar en esa lista. Para maior información acerca da Axencia de Mantemento do ISO 3166, por favor visite a seguinte páxina web: http://www.iso.org/iso/en/prods-services/iso3166ma/index.html»
…graciñas pola puntualización!!!
Lavan as mans, como pilatos!!