*zilla
Dos varios productos que saen ó redor do mundo Mozilla, non penso insistir na obligatoriedade de usar Firefox e Thunderbird …alá vos!
Pero aproveito para reseñar a ferramenta MozBackup, que é tan sinxela como eficiente: crea e restaura copias de seguridade dos productos Mozilla. E que podedes poñer en galego. Pavel, o seu autor, dí que non pensa seguir a desenrolala, pero tal como está é máis que suficiente!
E xa que estades, e como o señor Grueiro, convida a traducir tanto o navegador coma o cliente de correo, fago un chamamento para pedir colaboradores.




Parabéns, Amador. Xa está incluida no FWT (Freeware World Team).
…teño un par deles máis, coma obxetivo, a ver cómo é a cousa…
Si, señor! Moi boa idea! Xa que ás administracións non lles importa un carallo a utilización da nosa lingua nos ámbitos informáticos terán que se-los informáticos e usuarios os que tomen a tixola po-lo mango, que parece que en Galicia non hai informáticos
En breve porei o banner na miña bitácora.
Dalle as gracias a Jasp de que te atopara
…este jasp… imos ter que adoptalo coma galego… ;P