ACTUALIZACION Como o arquivo orixinal de traducción do WordPress, vai cambiando ó longo do tempo, tentarei ter unha versión actualizada (cada mes, máis ou menos) do mesmo, que podedes descargar dende aqui [Última versión, Novembro 2005 (válida para 1.5.x.x) NON HABERÁ MÁIS VERSIÓNS DESTE ARQUIVO, A PARTIR DE AGORA CONTINUARASE ACTUALIZANDO A VERSIÓN 2.0].
…e chegou o día, saíu WordPress 1.5 e entón as nosas cabezas comenzaron a ferver por “tunealo” coma dí Spaviladiyo
e así foi….comezamos pola cuestión lingüistica, axiña Spaviladiyo e máis eu puxémonos máns á obra e traducimos este novo CMS ao Galego. Teño que dicir que foi todo un placer e moi rápido o traballo, asegúrovos que non é nada complicado…se cadra algo aburrido e monótono. Pois iso, queda liberado oficialmente (tachán tachán…emoción…) o WordPress 1.5 en Galego.
Queredes galeguizar a vosa nova versión de WordPress…pois aí tendes as instruccións:
* Descargar o arquivo gl_es.mo [Botón dereito->Gardar como…].
* Crear o cartafol languages dentro do wp/wp-includes/.
* Subir o arquivo de idioma a este novo cartafol.
* Modificar a liña 19 de código do arquivo wp-config.php de define (’WPLANG’, ”); a define (’WPLANG’, ‘gl_ES’);.
E xa está!!!
Se queres tamén podes descargar a versión formal [Botón dereito->Gardar como…] da traducción (tratamento de vostede). Por certo, invito a todos os usuarios a notificarme (a min ou a Spaviladiyo
) os erros que poidan ter as dúas versións, e graciñas por anticipado!!
[Copiado impúnemente da bitácora de Spaviladiyo, coas modificacións pertinentes :cool:]
ACTUALIZACION Como o arquivo orixinal de traducción do WordPress, vai cambiando ó longo do tempo, tentarei ter unha versión actualizada (cada mes, máis ou menos) do mesmo, que podedes descargar dende aqui.
Na nosa terra non se tira nada, e como tamén temos o noso aire inventor, sempre hai xente que aproveita un vello dous cabalos, e catro chapas, para facer o bólido envexa, de calquera jinkana popular que se precie.
…se os Benz levantaran a cabeza!