Arquivos de Marzo 15th, 2005
ás 20:46
Fin de semán en Garfián
arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral
Unha selección da pandilla imos de turismo rural ó noroeste de Ourense. O concello é Beariz, pero nós fumos parar a unha pequena aldea chamada Garfián.
A idea era disfrutar dunha fin de semana, misturando festa nocturna de alta graduación con paseos diurnos de longo percorrido, pero a cousa quedou a medias, e tivemos que conformarnos con explorar os arredores do pobo… que tampouco están tan mal! 
Das cousas que máis nos chamaron a atención foron a cantidade de entidades bancarias que hai nestes pobos, así coma a ostentosidade das casas e dos coches cos que nos cruzamos. Grandes mansións e carísimos automóbiles …a emigración eche o que ten!
Tamén disfrutamos das conversas cos veciños da zona, que aproveitaban calquera momento para falar con nós …supoño que das poucas novidades que pasan pola aldea.
Sorpréndeme a grande cantidade de horreos que hai pola zona, e os valados de lousa, que imaxino deberon ser toda unha epopeia construir.
Mereceu a pena ir, ainda que queda pendiente o Pozo dos fumes …que promete moito! Algunhas das fotos da viaxe están na galería.
- Etiquetags:



ou
ou





