Os meus amigos descubren esta bitácora… non vai sen tempo! …e un deles quere que colgue a súa ferramenta de traballo…
…debería ter as mans dentro máis a miudo ;P
Os vascos cun lector de sumarios (do estilo do bloglines), os extremeños cun espacio para escribir bitácoras (do estilo de blogia) …e nós… nós agardaremos ainda un pouco.
Ó mellor era boa cousa argallar algo grande para a nosa terra… un espacio GRANDE de comunicación, con chats, foros, correo electrónico, bitácoras,…
E alguén dirá… ¿e para qué? coa cantidade de sitios de balde que xa hai polo mundo adiante… xá! pero ter un punto de identidade común, un centro de reunión, non era mala cousa… ou seguiremos sendo galegos espaleados…