O barco que sempre desexou ser un altivo avión …rematou os seus días sendo un infeliz submariño.
A planta que medraba por riba das súas veciñas …veu truncado o seu futuro cando as raices atoparon a maceta.
Nunca pensara que o frío que envolvía os meus osos …fose máis cálido que as túas palabras de desprecio nos oidos.
Sentín disposición para unha tórrida excursión con tension sexual irresolta …pero non hai picadeiros en Manhattan.
Escribo o libro da nosa vida sobre papel de lixa …para que se emborronen as letras co meu sangue.