Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Papando frío

boneco Pero merece a pena acudir á neve, xa que ela non nos premia coa súa visita.

Só teño conciencia seria de ver nevar en ferrol (e resto de comarca de trasancos) dúas veces na miña vida. Unha cando ainda ía ó colexio do Feal aló polos 80 e outra no insti fashion.

É dificil que neve nun sitio rodeado de mar, pero o caso é que temos a sorte de ter preto algún recuncho onde neva o suficiente.

Desta vez acudimos preto das Pontes, e invadimos sen compasión os prados dos veciños, coas nosas botas de goretex (que hai que ir cambiando porque xa non son o que eran) e os nosos plásticos/trineo…

E pese a que o resfriado ainda non chegou… sinto a queimazón da neva nas máns (nota mental: levar luvas para a seguinte vez!)