Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Marzo, 2005



31.
Marzo
ás 20:19
0

Xogos

arquivado en: Imaxines, Ceros e uns, galEGO, Xeral

xogos Os xogos de mesa, quebracabezas,… normalmente causan interese, sobre todo, naquelas persoas que a priori son máis propensas a rexeitar a ciencia. Quero dicir, que os típicos rapaces que aborrecen a matemática, son os primeiros en quedar enganchados a este tipo de xogos.

E tanto a Torre de Hanoi, coma o Tangram, por exemplo, son as ferramentas perfectas, para achegar ós rapaces ós conceptos máis abstractos… mentras pasan un momento divertido.

De feito, penso que todo concepto explicable, pode facerse dun xeito máis ameno, do que ás veces se fai…

    Etiquetags:




30.
Marzo
ás 15:35
9

Moda 2005

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

O ano pasado foi a moda do Gmail, e todo o mundo quería unha conta, e para que negalo… eu tamén. O conto é que agora só utilizo esa conta coma almacén, pero daquela tivera as miñas dúbidas.
O espacio, o problema de sempre para o correo electrónico, pero Yahoo! que tiña a miña conta de sempre, reaccionou, e para qué nos imos enganar, 250 MB. son máis que suficientes!

E este ano repítese a moda, e todo o mundo, e para qué negalo… eu tamén, quere unha conta de Yahoo! 360º, un xiro completo, que suma, bitácoras, correos, contactos, fotos,…

O que queira invitacións, xa sabe…

Moitas gracias a Xorxe de Vida Vacía

    Etiquetags:




29.
Marzo
ás 21:12
3

Seña de identidade

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

Dentro duns meses teremos á nosa disposición o sufixo de primeiro nivel .eu, e a ben seguro que algún de nós (ególatras!) aproveitará para rexistrarse… www.porqueodestesitioson.eu :roll:

O caso é que a día de hoxe xa se pode facer algún xogo de palabras co listado de sufixos xá existentes, coma

www.todacabratira.ao/monte
www.valemaisquefagamal.ca/quesobre
www.presentocheomeucorpo.nu

Obviamente a nosa terra non ten nome :roll:, ainda que podamos roubar o .ga de Gabón ou o .gl de Groenlandia… ou agardar polo .gz algún día!

    Etiquetags:




28.
Marzo
ás 17:32
0

Golem Project

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral

Estos días ando tras a pista do Golem Project, algo así coma un proxecto de desenrolo colaborativo de software para mozos, respaldado por Microsoft e máis a Universidade da Coruña.

Fan uso das bitácoras como xeito de comunicación, e as comunidades coma nodo de unión para o traballo en común. Para iso, theSpoke, proporcina a ferramenta axeitada, cunha multitude de utilidades para facilitar a relación entre os grupos.

Non é unha mala idea… mágoa que os medios tal vez non sexan os máis idoneos.

    Etiquetags:




28.
Marzo
ás 12:55
5

Impagable

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

xmparada Acudir cada ano a Portomarín pola semán santa, leva implícitas dúas cousas: Compartir bos momentos cos amigos de aquí e de acolá ó redor duns pinchos e viños variados… e pasear preto da flor e nata do conservacionismo galego na feira da augardente. Momentos impagables, ver xuntos a Luis Rial, Núñez Feijoo… e máis ó Parada.

Que fetén!

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999