Q.E.D.

En matemáticas existen 3 métodos clásicos de demostración de hipóteses:

Por deducción en cadea lóxica, que é o xeito máis natural de demostrar as cousas, de a sacamos b de onde deducimos c… até chegar á solución.

Por inducción, onde para demostrar que unha cousa se verifica para todo número, demóstrase para 1, suponse certo para n, e dedúcese entón que tamén se verifica para n+1

Por reducción ó absurdo, que soe ser a que máis lía á xente, onde en lugar de demostrar que a implica b, demostras que non b implica non a, de xeito que supos o contrario que queres demostrar e coa hipótese dada chegas a unha contradición. :roll:

Bueno, pois o caso é que este domingo, hai unha hipótese que ratificar… e eu xa probei de varios xeitos, pero non son capaz de ratificala como verdadeira e infalible. Así que pola miña parte penso que se debería revisar un pouco máis, darlle mellor forma… e de momento, irlle dicindo ós autores que NON.