Conscientemente, creo que a primeira película brasileira que vin con intención, foi a fantástica Estación central do brasil. Dende aquela, sinto bastante curiosidade polo cine que ven daquel pais, así, a aquela seguiron Cidade de deus, Carandiru,… e onte tocoulle a O invasor. Supoño que o señor pawley, que tamén anda brasileiro estos días, terá moito máis que dicir, pero a min pese a que a historia está moi ben, non sei porqué pero o lastre de Cidade de deus está a marcar o cine que ven de alí (ou o que chega a aquí de alí, ou o que me chega a min de alí!) Á parte de que as portadas das edicións en DVD, empéñanse en facer comparacións coa citada, a temática da realidade necesaria e violenta do pais está a guiar estas produccións.
O caso é que boto de menos historias sinxelas e magníficas coma a de Estación central, así que se alguén ten suxerencias.
Os veciños de arriba, os xaponeses, por outra parte, hundíronme este fin de semán, despois de rematar a sección de películas do estudio Ghibli, con A tumba dos vagalumes… unha labazada de crudeza e realidade.