Compatibilidade hacia atrás

Existe unha máxima nisto da informática …que normalmente non se cumple todo o que debera.

A compatibilidade hacia atrás establece que cando fagas algo que mellore un producto, tenta que o que funcionaba ben antes, siga funcionando co novo modelo. Véxanse programas, dispositivos, …

Un exemplo típico para o que se debe e non debe facer é o sistema operativo Windows, que en cada versión, debería poder executar programas para versións anteriores, ainda que iso non pase sempre. Ou conexións usb 2.0 que permitirían conectar dispositivos usb 1.1 …cousa que tampouco ocorre moitas veces.

Bueno, o caso é que ultimamente estoume topando con estes particulares problemas, á hora de mercar unha tarxeta de rede inarámica. Resulta que os modelos que agora se venden, non levan o mesmo chip que os anteriores, e o soporte en linux, ou é deficiente ou non existe :roll: Por suposto que estos drivers non os fan as compañías que comercializan as tarxetas, xa que só os fan para os productos de microsoft …vaia!

O caso é que se alguén ten constancia de algunha tarxeta pci wireless asequible e con soporte total en linux, agradeceríalle información.