Agora que moitos teñen cámara de fotos dixital, despois do compulsivo nadal, propoño
dous programas interesantes para usar con ela. (Á parte dos propios que cada fabricante
inclúe no paquete)
O cam2pc é o equivalente ó proporcionado polo fabricante da cámara (pero libre e xenérico
para “case todas” as cámaras) permitindo, descargar, xestionar,… as túas fotos.
O PC Inspector smart recovery é capaz de recuperar fotos borradas ou perdidas das memorias
das cámaras (compact flash, sd, mmc,…)
Para o retoque e todo iso o “contrincante” do photoshop é o GIMP, e se queres algo máis
liviano, o “equivalente” do PaintShopPro ou ACDSee é o XnView.