Arquivos de Febreiro, 2005
ás 13:38
…e tiro porque me toca!
De mosteiro a mosteiro, facemos o xoves un deses grandes percorridos. Bueno, máis ben un tramo do gran percorrido… o que vai dende o mosterio de monfero ó mosteiro de caaveiro.
O camiño ten partes fermosas e outras non tanto, sobre todo, se pasado o tempo, non atopas a sinalización pertinente (igual somos un pouco cortiños) e fas un rodeo por estrada que alonga máis o camiño
(Nota para futuribles camiñantes… se vos perdedes, sempre poderedes ir até a central eléctrica e avanzar por un sendeiro da marxe esquerda do río [cara ó mar], que finalmente vos permitirá cruzar de novo ó sendeiro orixinal… afortunadamente!)
Tentamos así profundizar un pouco máis nas fragas do eume… ou o que van quedando delas, xa que a colonización do alcolito é imparable. Pese a todo, dende logo o percorrido a carón do río é fantástico!
A duración estimada está entre 4 e 5 horas, por se alguén se anima.
- Etiquetags:
ás 14:10
Ingreso
arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral
…ingreso nas listas do PP.
Levaba tempo apuntado, pero para eles non constaba como demandante pleno dos seus servicios… supoño que son este tipo de trucos que permiten facer as estatísticas, acordes cos intereses políticos de cada un.
De tódolos xeitos serviume para facer un deses cursos que ofertan, e que pese a todo, e gracias ó interes persoal que lle puxen, acabei aprendendo cousas.
En calquera caso, xa pertenzo á lista de habitantes deste estado, que están apuntados no Puto Paro.
- Etiquetags:
ás 13:26
Actualizando
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
Durante esta semán vou tentar actualizar a Wordpress 1.5 …a ver se non a cago!
Así que se algo non funciona, non se ve a páxina, non se reciben as sindicacións,… paciencia!
Aproveito, para propoñer a traducción do WP 1.5 ó galego, … a ver se con mellor resultado que a 1.2
- Etiquetags:
ás 13:33
Q.E.D.
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
En matemáticas existen 3 métodos clásicos de demostración de hipóteses:
Por deducción en cadea lóxica, que é o xeito máis natural de demostrar as cousas, de a sacamos b de onde deducimos c… até chegar á solución.
Por inducción, onde para demostrar que unha cousa se verifica para todo número, demóstrase para 1, suponse certo para n, e dedúcese entón que tamén se verifica para n+1
Por reducción ó absurdo, que soe ser a que máis lía á xente, onde en lugar de demostrar que a implica b, demostras que non b implica non a, de xeito que supos o contrario que queres demostrar e coa hipótese dada chegas a unha contradición.
Bueno, pois o caso é que este domingo, hai unha hipótese que ratificar… e eu xa probei de varios xeitos, pero non son capaz de ratificala como verdadeira e infalible. Así que pola miña parte penso que se debería revisar un pouco máis, darlle mellor forma… e de momento, irlle dicindo ós autores que NON.
- Etiquetags:
ás 14:35
Tento poñerme ó día
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
…e mentras renovo os novos as novas incorporacións ó blogmillo, descubro:
coincidencias
comida basura
hackers
contos
…moitos deles gracias a ascárida, of course!
(…nada, isto supérame, pasan 2 horas e non avanzo…)
- Etiquetags:



ou
ou





