Hai duas cousas relacionadas co galego de todos os días, o que está na rúa vamos!, que sempre me chaman a atención.
Unha é cando me dirixo a outra persona que obviamente sei que me entende en galego, e cambia a súa lingua usual (castelán) para falar comigo en galego. Síntome extrano, coma se estivese a obligar á outra persoa a falar no que eu falo, cando tamén resulta obvio que entendo o que me di. Entra en conflicto coa miña idea de comunicación …que non depende da lingua. De feito, ás veces valoro ás persoas que manteñen sempre unha conversa comigo, eles en castelán e eu en galego. Supoño que en certos ámbitos, isto non será moi políticamente correcto.
A outra é os comercios, bares, tendas, empresas… que lles poñen por nome unha palabra propiamente galega, e logo todo o resto da publicidade en castelán, coma podería ser “Larpeiradas, todo lo que le gusta a los niños” !?. Un xeito de prostitución comercial, que tampouco comprendo moi ben…
Ás veces teño conflictos lingüisticos persoais graves, esixo pouco para min e moito para os demáis …ou será ó revés?