Por ciencia insulsa

Últimamente nos anuncios de radio, atopo moitas veces, novedosos inventos
cheos de tecnoloxía e invención futurista, fruto de mentes moi imaxinativas.

Entre eles, os que máis me chamaron a atención foron cinturóns adelgazantes
que levan procesadores dixitais!? Eu non son un experto, pero non coñezo
procesadores analóxicos.
Tamén hai cámaras de fotos dixitais, que se venden como cámara megapixel, que digo eu que será moi novedosa porque se ten ese tamaño!
Existen tamén gabinetes de medicina na que traballan médicos especialistas en saude, o cal é toda unha garantía de calidade!
E un dos últimos que escoitei, foi o da venta dunha serie de productos en almacéns eléctricos …que teñan sorte para que non se lles vaia a luz.