Por reises, autoregaleime un tomo bastante curioso destes de Taschen.
É algo así como unha enciclopedia de autores manga… non teño moita idea sobre o tema, por iso o merquei. E a verdade é que me está a gustar relativamente.
Agradécese a edición trilingue (portugués, castelán e italiano), e máis as viñetas orixinais en xaponés… agora só teño que aprendelo.
Fai un par de veráns, deume a tolemia de tentar aprender xaponés… pero pasoume rápido :wink:, hai varios libros para ler, se un pretende ser autodidacta, un mítico é Kanji para recordar e o outro, que igual me atrevo con él vistas as necesidades é Japonés en viñetas
…se alguén ten suxerencias…