Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Contos sen fé

…perdeulle a fé cando se enterou de que a mesma máquina de inxección de plástico que facía crucifixos, moldeaba tamén ós Action Man…

…o día que as dúas testigos de xehová quedaron para tomar un café cos mormóns, non souberon qué se dicir…

…a pequena estrela do confín do universo, convertiuse en supernova cando lle contaron que de día, os pequenos da terra non a vían…

…de volta hoxe para a casa, do seu primeiro día de traballo en correos, sentou ós seus fillos para contarlles realmente a quen lles chegaba as súas cartas…