Hai dous termos nisto das bitácoras, que á maioría da xente lles crea confusión, un é o pingback e outro o trackback (que eu permitinme traducir como avisos e rastros, respectivamente).
Nas bitácoras tipo blogger, ya.com, blogia, … non estou moi seguro de que funcionen estas ferramentas, pero nas que usan un xestor de contidos, coma wordpress, movable type,… hai un casilleiro no que xestionar isto.
A grandes rasgos, tanto o pingback (avisos) coma o trackback (rastros), son un xeito de enlazar bitácoras en base ás anotacións escritas nelas.
Así os avisos, fan que por cada ligazón que eu poña nesta anotación, a outra de outra bitácora, nos comentarios da segunda aparecerá (se o seu sistema o permite) un comentario indicando que alguén a referenciou. De xeito que se eu comento algo que escribiu outra persoa, sinalando o seu texto, este debería recibir un comentario automáticamente. Pasa por exemplo nesta anotación, que fai referencia a esta outra, onde na segunda, nos comentarios, aparece a referencia da primeira.
E os rastros, usanse para comentar temas dos que xa fala outra xente, por exemplo se alguén anda a falar de porqué hai certas gamuzas de paño que deixan moito fío, e eu quero falar do mesmo, deixo a ligazón dese sitio no casilleiro para trackbacks, e faise unha especie de minidirectorio de anotacións que falan dun mesmo tema.
E para mostra, todos os que (atopei e) falamos da quedada de onte…
http://oquilombo.blogspot.com/2005/01/o-blsamo.html
http://todonada.blogspot.com/2005_01_01_todonada_archive.html#110474534528013287
http://magoa.blogspot.com/2005/01/blogaliza-que-algo-fica.html
http://emf.host.sk/
http://paleon.net/bitacora/archives/000351.html
http://astuasbalas.blogspot.com/2005_01_01_astuasbalas_archive.html#110478986668471022
http://catuxa.blogspot.com/2005_01_01_catuxa_archive.html#110479501168798840
http://pawley.blogalia.com/historias/25008