Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Xaneiro, 2005



31.
Xaneiro
ás 22:13
2

Animalada

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

…dende logo, está visto que o blogmillo ten moito que contar…

animalada

…e pese ás dúbidas iniciais de borrón e conta nova, consigo poñerme ó día…

(Por certo para quen o sepa (ou non) a imaxe é unha captura do meu bloglines, onde está parte do blogmillo sindicado, para quen o queira coller …e para os que non sepan o que é o blogmillo sindicado, remítome a este enderezo …que debera ser revisado, correxido e aumentado …un día destes…)

    Etiquetags:




28.
Xaneiro
ás 20:03
0

que facer

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Cando hai un tempo falaba de móbiles apetecibles, non pensaba nas capacidades e potencialidades dos mesmos. Agora é fácil saber o que se pode facer con eles…

…dende ver os trailers das películas que marcarán o 2005 (co permiso da agardada Sin City) bb

mi …até añorar tempos pasados, cheos de nostalxia.

…ademáis de falar, claro!:wink:

    Etiquetags:




26.
Xaneiro
ás 22:26
9

Cuestións da fala…

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

Hai duas cousas relacionadas co galego de todos os días, o que está na rúa vamos!, que sempre me chaman a atención.

Unha é cando me dirixo a outra persona que obviamente sei que me entende en galego, e cambia a súa lingua usual (castelán) para falar comigo en galego. Síntome extrano, coma se estivese a obligar á outra persoa a falar no que eu falo, cando tamén resulta obvio que entendo o que me di. Entra en conflicto coa miña idea de comunicación …que non depende da lingua. De feito, ás veces valoro ás persoas que manteñen sempre unha conversa comigo, eles en castelán e eu en galego. Supoño que en certos ámbitos, isto non será moi políticamente correcto. :roll:

A outra é os comercios, bares, tendas, empresas… que lles poñen por nome unha palabra propiamente galega, e logo todo o resto da publicidade en castelán, coma podería ser “Larpeiradas, todo lo que le gusta a los niños” !?. Un xeito de prostitución comercial, que tampouco comprendo moi ben…

Ás veces teño conflictos lingüisticos persoais graves, esixo pouco para min e moito para os demáis …ou será ó revés?

    Etiquetags:




24.
Xaneiro
ás 14:10
2

Visto alex

arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral

…non vou facer valoracións sobre a película nin da historia (nin da personaxe) …máis que nada porque teño ínfimos coñecementos do tema…

…pero a conto disto, e lembrando as miñas clases de latín do bacharelato, teño na mente o entretido Historia de Roma de Montanelli, e viñéronme as gañas de ler a Historia de Grecia, análoga…

…pero a pregunta é se existirá algún libro que fale xa non de historia, senón de mitoloxía, en base a cadros míticos da pintura universal…

…foi no Prado, cando despois de ver tanto cadro, dinme conta de que as lendas de deuses gregos e romanos deben ter algún libro nas que se relaten do mesmo xeito ameno que as historias reais citadas nos anteriores …pero descoñezoo…

…en calquera caso aí vai a proposta da escrita dun libro de mitoloxía usando de fondo pinturas clásicas…

    Etiquetags:




22.
Xaneiro
ás 14:30
0

Por ciencia insulsa

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Últimamente nos anuncios de radio, atopo moitas veces, novedosos inventos
cheos de tecnoloxía e invención futurista, fruto de mentes moi imaxinativas.

Entre eles, os que máis me chamaron a atención foron cinturóns adelgazantes
que levan procesadores dixitais!? Eu non son un experto, pero non coñezo
procesadores analóxicos.
Tamén hai cámaras de fotos dixitais, que se venden como cámara megapixel, que digo eu que será moi novedosa porque se ten ese tamaño!
Existen tamén gabinetes de medicina na que traballan médicos especialistas en saude, o cal é toda unha garantía de calidade!
E un dos últimos que escoitei, foi o da venta dunha serie de productos en almacéns eléctricos …que teñan sorte para que non se lles vaia a luz.

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999