Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

11111111110

Na sucesión de oportunidades e momentos intensos que non deberían rematar nunca, sempre existe un… ás veces o último, que será a marca definitiva para o noso futuro.

Nos rexistros da nosa memoria, todo parece uniforme, ou tentamos pintalo todo da mesma cor, sen embargo, sempre existe un dato ó que recurrimos frecuentemente, ás veces con morriña, ás veces con desprecio,… e ás veces é él o que recurre a nós para facernos partícipes da súa existencia.

E entón facemos dese punto o centro do noso universo “do que puido ser”, e como arquitectos, elaboramos castelos con esa primeira pedra, fortalezas ó principio pero que gañan inestabilidade coa continuidade do tempo, até derrumbarse polo seu propio peso.

Os viaxeiros da vida, non sabemos moi ben cal é o rumbo que debe tomar esta, e subimos e baixamos indiferentemente de miles de transportes, que tropezan entre eles. Ás veces hai sorte e coincides na viaxe con alguén que te fai partícipe da súa viaxe …ás veces non.

Pero en calquera caso …segues a viaxar.