Na escola…

…dos monos, ás veces parece que falan distintos idiomas, ou que son de distinta especie.

monos

Aparentan uns non querer oir, e outros non querer falar… ou peor ainda, algúns falan de máis, e outros só escoitan o que lles interesan.

E mentras os que observan o cadro, ven unha pantomima esperpéntica, na que non se sabe o que se está a facer, ou o que se pretende. Dando ganas, ás veces, de parar este debuxo animado, e volver ó seu lugar a estes monos… que no fondo, xa non deberon ir á escola nunca.

Sinto magoa, ademáis, dos que ó mellor lles apetecía ir á escola a aprender, e vendo a imaxe de caos e confusión, prefiren tomar o rumbo de subirse ás árbores a pelexar por un plátano.