(M)ellores (M)ultimedia ou (I)mportantes (V)aloracións …
deste ano que remata.
Ó máis puro estilo do señor Pawley de Días Estranhos ou Arp de Compostela, (cópiolles!) fago unha selección do que máis me gustou, ou lle dou certo valor neste pasado ano…
Cine:
-Mar Adentro… porque hai que tirar para a casa, e pese a todo, penso que Amenabar conseguiu facer unha película de sentementos, sen caer na teleserie.
Finalistas: Kill Bill e Big Fish, por saber rodar o que nos gusta, ó primeiro, e seguir facendo contos para sempre, ó segundo.
Música:
-Ajrú… xa que Mercedes fai da palabra fusión, un novo significado, fora de calquera prexuicio histórico.
Finalistas: Pastora e Pa’fuera telarañas, porque cada ano seguen a aparecer grupos novos, frescos… e necesarios. Gracias a Pastora e Bebe. (Tamén o directo de Fía na Roca)
Libros:
El curioso incidente del perro a medianoche… porque darlle florituras a unha novela, non ten porqué conmovernos tanto, como a simple racionalidade.
Finalistas: Los crímenes de Oxford e Biblioteca Galega 120 porque os pequenos sinais son os que cambian a vida, e no caso da biblioteca, achegar a todos unha escolma máis que necesaria.
Comics:
Palestina… que está máis preto de nós do que nos parece… ou cando menos, debería estar…
Finalistas: Trazo de tiza e Hire, el terrible vampiro samurai, porque nunca as reedicións son novos trazos de necesidade, e o futuro do comic neste pais, comeza por nós mesmos. (Tamén Freda)
…quedarán algúns… e probablemente esqueza a alguén importante neste ano… pero estes meréceno…